EXPOBUS. UNHA CITA PARA AS EMPRESAS DO SECTOR DO 16 AO 18 DE NOVEMBRO

[2023-10-18]

abrir en pdf para imprimir

Imaxe da nova.

EXPOBUS IBERIA PREPÁRASE PARA A SÚA GRAN CITA CO SECTOR, QUE SERÁ DO 16 AO 18 DE NOVEMBRO

 

Dende a Federación Galega de Asociacións de Viaxeiros en Autocar (TRANSGACAR), queremos informalos da celebración dun evento con gran interese para o sector.

 

Trátase da III Feira do Transporte de Viaxeiros por Estrada, a cal se celebrará do 16 ao 18 de novembro no recinto Feira Internacional de Galicia ABANCA (Silleda – Pontevedra).

 

Un certame respaldado polas cifras da súa pasada edición:estiveron presentes 152 firmas expositoras (un 50% máis que na anterior cita), das cales 64 foron expositores directos (un 39% máis) que ocuparon 8.009 metros cadrados netos (un 36,5% máis). Visitaron o certame 1.882 profesionais, un 48% más.

 

O vindeiro mes de novembro a súa proposta será magnífica:

  • Multitude de empresas de referencia xa confirmaron a súa presenza na área expositiva

Coñéceas aquí: https://www.expobusiberia.com/expositores/

  • O programa da feiraserá máis atractivo que nunca:
  • Xornadas de máximo interese, con temas como o transporte escolar en España, o urbano en Galicia e o discrecional noutros países, solucións sostibles para frotas de longo percorrido ou a falta de condutores.                            
  • O emocionante Premio ao Mellor Condutor de Autocares de España, no que podes inscribirte aquí:

https://www.expobusiberia.com/concurso_mejor_conductor.pdf

  • Unha magnífica exposición de vehículos clásicos con verdadeiras xoias.
  • Un amplo circuíto de probas de distintos modelos presentes en feira.
  • Outras interesantes actividades, como presentacións, asembleas.

Con todo isto, será un foro de referencia para todas as empresas e profesionais do sector.

Por iso, indicámoslle a súa páxina web,  www.expobusiberia.com , onde poderá informarse con detalle desta terceira edición.

 

Información de Contacto

  • Sede:

    C/ Laverde Ruiz nº 6 Bajo D

  • 15701 Santiago (A Coruña)

  • Teléfono:

    (981) 59 75 00

  • Fax:

    (981) 59 86 20

  • Correo electrónico:

    info@transgacar.es

outras seccións

Páxinas amigas

  • fegatramer
  • fomento
  • BOE
  • Xunta
  • Buscador google
  • Direccion general de tráfico
  • aemet
  • repsol
  • Ifema
  • Asintra
  • trabajo

Patrocinan:

  • Secretaría Xeral de modernización e innovación tecnolóxica
  • Ministerio de industria, turismo y comercio
  • Plan Avanza
  • Secretaría Xeral de modernización e innovación tecnolóxica
Visitar Facebook Visitar Google+ Visitar canal de Youtube